1. A monxa Exeria, Prisciliano e Paulo Orosio (s.IV-V) I. O galeguismo propiamente dito é un fenómeno de "última hora" na historia de Galicia, pouco máis dun século. Pero se queremos falar dun cristianismo enraizado na terra galega, teríamos que ir moito máis atrás no tempo. E teríamos que falar, por exemplo, da monxa EXERIA, unha muller de temple e moi piadosa, que a finais do século IV (os últimos estudios falan que puido ser entre os anos 381-384 (1) ) fixo unha peregrinaxe á Terra Santa, para visitar os santos lugares da Biblia. Non é de estrañar, que San Valerio lle escribira ós monxes do Bierzo :
Tan importante
coma esta ousada viaxe, tendo en conta as circunstancias históricas, é
o valioso Diario que escribiu esta muller narrando as súas
experiencias. Este diario, chamado Itinerarium ou Peregrinatio,
converteuna na primeira escritora galega, como afirma o mesmo Vicente
Risco (3); aínda que non fora en galego, senón en latín, a lingua que
se falaba daquela en Galicia. Non é unha obra literaria clásica, pero
coa escasa actividade literaria das mulleres escritoras, agás na
modernidade, ten unha importancia non desdeñable tanto para Galicia
como para a historia da Igrexa. É particularmente importante para nós
por ser unha testemuña cristiá, de gran importancia mesmo na
renovación moderna da liturxia, ó referir no seu libro as
celebracións litúrxicas daqueles lugares tan referentes para o
cristianismo.
Autor de varias oracións coñecidas, s. Pedro de
Mezonzo é sobre todo o autor da Salve, unha oración que se entende mellor
coñecendo a dura situación histórica que lle tocou o bispo de Compostela,
sobre todo cando as tropas de Almazor arrasaron a cidade. Conta a lenda que a
atoparon deserta, tan so deron cun monxe na catedral, era o bispo Pedro.
"Ningunha diócese poderá alegar un tal cúmulo de adversidades nesa
época como sufriu Compostela di M. Ruben, obxecto das violentas incursións
normandas, primeiro, e sobre todo das devastacións de Almanzor, despois".
Non é difícil comprender como nesas circunstancias un devoto da Virxe estalara
nunha pregaria coas verbas coñecidas da Salve:
No medio da violencia e do terror, no medio dun
milenarismo que amedrentaba á xente coa fin do mundo, vendo anticristos por
todas partes e desesperando da salvación, Pedro de Mezonzo ora con verbas de
esperanza e confianza nun Deus de amor, e non de vinganza e castigo.
Galicia ofrécelles ós frades unha acollida
rápida e xenerosa, e a Compostela viñeron os seus fundadores San Francisco de
Asís e Santo Domingo de Guzmán cos seus irmáns, e pronto os conventos de
Santo Domingo e san Francisco amecíanse ós tres mosteiros benedictinos de
Santiago.
Frei Martín Sarmiento, que deixou moi poucas
páxinas escritas en galego (apenas as Coplas de Perucho e Maruxa e anacos de
cartas (28) ), atopa un famoso texto do Marqués de Santillana que fala da literatura
en galego da Idade media e dedica o seu tempo á procura dos Cancioneiros.
"O P. Sarmiento clama no círculo reducido en que se move en Madrid contra o
ensino en castelán e lanza unha manda ós profesores de latín que tardamos
douscentos anos en cumplir" (29). Queixábase Sarmiento de que os
galegofalantes recibían un trato por parte da Igrexa con menos consideración
que os indíxenas de América, porque mentres a aqueles lles mandaban
misioneiros que tiñan que saber a lingua na que ían evanxelizar, ós galegos
mandábanos un clero de calquera rexión española sen se preocupar de se
entendían a lingua das súas ovellas que non comprendían o que eles lles
predicaban. Por iso, propuxo a edición de textos en galego e a creación de
cátedras para o seu ensino (30). El deixou escritas cousas tan significativas coma
estas:
Sarmiento foi moitos anos, como denuncia
Filgueira Valverde, "un nome louvado cunha obra descoñecida", como
adoita a ocorrer con outros moitos que todo mundo cita e poucos teñen lido
(¿cantos galegos leron Sempre en Galiza?); a súa obra empezou a ser coñecida
nas últimas décadas. O mesmo Filgueira apunta, como conclusión, tres forzas
que se conxugan "para mover a asombrosa vitalidade de Sarmiento":
O P. Sobreira deixou inédito un importante
material cos títulos Idea de un Diccionario de la Lengua Gallega e as Papeletas
de un Diccionario Gallego. Estes ilustres frades galegos "supoñen unha
radical discordancia entre unha élite castelanizada que afogaba as súas
voces" como recorda Ferro Ruibal (34).
A súa copiosa poesía relixiosa, dedicada sobre todo á Virxe, foi maiormente
en galego. É o máis fecundo poeta galego do s XVIII. Fernández del Riego
escribe que nel "descúbrese a arfada da alma dun pobo e a fe íntima que o
trato campesiño da. Ven ser, sen dúbida, por este feito a primeira figura
galega do s.XVIII". E en palabras de Murguía, as súas obras son "un
berro da indignación de Galicia contra as inxusticias de que era víctima, por
iso resoaron gratamente no corazón dos galegos". |
NOTAS |
(1) | Así opina Eduardo López Pereira, que publicou recentemente a primeira edición galega da obra de Exeria. Exeria. Viaxe a Terra Santa, Ed. Xerais Vigo 1991. |
(2) | Tomado do artigo da Enciclopedia gallega. |
(3) | V. Risco, Historia de Galicia, Galaxia, Vigo 1971, px.56. |
(4) | A.Gómez Ledo, "Unha esquirtora galega do século IV", Logos 7, 1931, px.13. O artigo esténdese nos números 4, 5, 7, 8 e 9 (1931). |
(5) | Ademáis da obra de López Pereira citada na nota 1, é de moita utilidade para o tema de Exeria e Prisciliano outro libro seu, saido anteriormente El primer despertar cultural de Galicia, Biblioteca de divulgación de la Universidad de Santiago, Serie Galicia 1, 1989. Alí se atopará abundante bibliografía: Sobre a situación político-administrativa e sociocultural de Galicia nos séculos IV-V, confer pxs. 37-39. Sobre a literatura latina perdida da Gallecia, confer pxs. 93-98; sobre a que se conservou, pxs. 110-114. Sobre Exeria e a súa viaxe, confer pxs. 132-144; a destacar tamén as pxs. 171-176 sobre Gallaecia, cuna dos primeiros historiadores hispanos. Tamén Atti del Convegno Internazionale sulla Peregrinatio Egeriae. Nel centenario della publicazione del Codex Aretinus 405, Arezzo 23-25 Out. 1987, Accademia Petrarca di Lettere, acti e sciencze, Arezzo 1990. |
(6) | "Moita Roma en Tréveris, e pra Galicia unha tráxica lembranza escribe Filgueira Valverde . Eiquí chegou un día, aló polo ano 385 a pedir xusticia o noso Prisciliano. Tiña escontra del a intolerancia, a envexa, os mestureiros... Non atenderon as súas razóns relixiosas e remembraron as súas meiguerías dos tempos mozos" Segundo Adral, Ed. do Castro, A Coruña 1981. |
(7) | Manuel Murguía, Historia de Galicia, Lugo-Coruña 1865-1913; López Ferreiro, Estudio histórico sobre el priscilianismo, Santiago 1978; Pedret Casado, "Xesús ante o priscilianismo", Logos 28 (1933). |
(8) | Otero Pedrayo, Ensaio histórico sobre a cultura galega, Guimarães, Lisboa 1954, páxs. 52-56 |
(9) | Castelao, Sempre en Galiza, Akal, Madrid 1976, páxs.36, 50-51 |
(10) | Estudios máis realistas e científicos sobre o priscilianismo foron os de López Caneda, Prisciliano y su problema histórico, Cuadernos de estudios gallegos, Santiago 1966, quen bota por terra a conexión que Otero e Castelao atopaban coa relixiosidade celta, aínda que sinala que ten raíces na relixiosidade precéltica. E outros máis modernos coma o estudio de Chadwik Priscilian of Avila, Oxford 1976; ou o de S. Simonetti "Prisciliano y los priscilianistas" en Patrología III, BAC, Madrid 1981. Uxío Romero Pose ten publicado diversos artigos sobre o tema en Encrucillada, a destacar particularmente "Estado actual da investigación sobre Prisciliano", nº 12 (1979). No citado loibro de López Pereira pode atoparse máis bibliografía, e máis recente, sobre prisciliano e o priscilianismo, particularmente en Galicia, nas pxs. 73-79. |
(11) | Datos collidos do documentado artigo na Enciclopedia gallega. |
(12) | Non será ocioso lembrar que os outros tres grandes santos galegos son: San Froilán (833-905), o patrón de Lugo, un lucense que foi bispo de León; San Rosendo (907-977), patrón de Mondoñedo, onde estudiou e foi bispo e monxe ("Si algún día se quere facer a historia dos místicos galegos, forzosamente hai que facer a San Rosendo cabeza da súa época", dixo Gumersindo Placer); e San Paio (912-925), o máis popular de todos, aínda que morreu de rapaz, mártir; como outra santa popular Santa Mariña de Augas Santas. En Logos Gumersindo Placer dedicoulles cadanseu artigo, e máis modernamente fixo nun volume Cesareo Gil, Santos gallegos, Porto, Compostela 1976, onde se laia da pouca lei que lles teñen os galegos, tanto os dos libros como as xentes populares. |
(13) | M. Rubén García, "San Pedro de Mezonzo y la Salve Reina", Grial 9, 1965, páxs. 67-74. Do mesmo autor San Pedro de Mezonzo. El origen y el autor de la Salve. Tamén, o capítulo correspondente da obra citada de Cesareo Gil, con ampla bibliografía. |
(14) | Op. cit. páxs. 68-69. |
(15) | Ensaio histórico... páx. 110. |
(16) | Recentemente viu a luz un interesantísimo libro de Otero sobre Xelmírez, que permanecía inédito: Xelmírez, xenio do románico, Galaxia, Vigo, 1993. O longo título de Otero é ben expresivo da súa paixón por este home: "Xelmírez ou o xenio afectuoso, creador e humorístico do tempo do románico. Vida e glosas á súa vida". |
(17) | Sempre en Galiza px. 224. |
(18) | J. García Oro, M. Regal Ledo e A. López Rivas, Historia da Igrexa Galega, SEP, Vigo 1994. O primeiro intento de facer a historia da Igrexa Galega, co que significa de pioneiro e por tanto con importantes valeiros, aínda que con grandes acertos. |
(19) | Ensaio ... páxs.122-123. |
(20) | "Morte e resurrección", en Ensaios, Galaxia, Vigo 1983 páx.43. |
(21) | "Meditacións do pórtico" en O espello no serán, Galaxia, Vigo 1966 páx. 237. |
(22) | Historia da Igrexa Galega, op.cit. páx. 110 |
(23) | Tamén se poden ver máis datos no longo artigo da Enciclopedia Gallega. |
(24) | A.Torres Queiruga, "La religión y la Iglesia" en Los gallegos, Istmo, Madrid 1976, páx. 491. |
(25) | Filgueira Valverde fala da amistade entre Feijoo e Sarmiento desde os tempos do mosteiro de Lérez, e compáraos dicindo: "O P.Sarmiento é pontevedrés, burlista, apaixonado, amante das ciencias da natureza e das leituras de vagar. Entroques, o P.Feijoo é un ourensán, pero escéptico, frio, amante da matemática e do estudo erudito. Feixoo é un médico, Sarmiento rise da medicina. Feijoo é un universalista, un espírito aberto ás derradeiras novedades alleas; Sarmiento é un enxebrista, a percurar unha cultura propia no seo do terron labrego... Dúas posicións opostas, máis complementarias na ciencia e na vida". "Ourense e Pontevedra. Feijoo e Sarmiento", en V Adral, Ed.do Castro, A Coruña 1989, pax.215 |
(26) | Filgueira Valverde, Fray Martín Sarmiento, Fundación Barrié de la Maza, A Coruña 1994. |
(27) | Filgueira Valverde "Ourense e Pontevedra...", art. cit. páx. 216 |
(28) | Filgueira Valverde, Fray Martín Sarmiento, op.cit. páx. 83. |
(29) | Xesús Ferro Ruibal, A Igrexa e a lingua galega, Consello da Cultura Galega, Santiago 1987, pax. 36. |
(30) | "O gran benedictino non só profesou a erudición en tódalas ramas do saber galego, senón que deixou un completo plan de investigacións sobre os máis diversos aspectos da nosa terra" Filgueira Valverde, op. cit., páx. 87. Este plan de estudios galegos de Sarmiento titulouno el mesmo Onomástico Etimológico de la Lengua Gallega, impreso polo arcebispo Lago González en 1923, e veu ser lectura obrigada dos fundadores do "Seminario de Estudos Galegos", segundo conta Filgueira. |
(31) | Do seu libro Elementos etimológicos. |
(32) | Ibidem, pax. 94. |
(33) | Filgueira Valverde, "Manuscritos do Padre Sobreira" en Segundo Adral, Ed. do Castro, A Coruña 1981, px. 374. |
(34) | Ferro Ruibal, op. cit. pax. 39. |
(35) | Hai uns anos viu a luz un
libro que é á vez estudio monográfico e antoloxía da obra do Cura de
Fruíme: J. M. Rivas Troitiño, Diego Antonio Zernadas y Castro, un
precursor del galleguismo, Porto, Santiago 1977. O libro é ben
interesante, aínda que non tivo moita difusión. Destaca o seu autor,
á par que as cualidades do cura de Fruíme o seu amor a Galicia, os
galegos e a súa lingua, a presencia e importancia do relixioso na súa
obra: "A dimensión relixiosa ocupa unha parte considerable da obra zernadiana. No podía ser doutro modo, cando a súa propia denominación de cura de Fruíme traduce a súa predilecta autoconsideración... A súa condición sacerdotal e a súa exemplaridade en todo o que iso implica, está fora de toda dúbida... A permanencia voluntaria en Zernadas... e o inxente da súa producción relixiosa, manifestan por si soas a sinceridade e a profundidade da súa vivencia relixiosa" (pax. 129). |